miércoles, 26 de marzo de 2025

PREPARANDO A NOSA HORTA

Coa chegada da primavera toca coller o sacho e prepara a horta para plantar novos alimentos. O Mago Fuco pediulle ao alumando do primeiro ciclo que observasen como estaba o invernadoiro e a horta e que pensasen en como organizalo e distribuílo.

Grazas ao Señor Antonio, puidemos contar coa súa experiencia e benfacer, orientándonos en como preparar a terra, como poder abonala e tamén como colocar a manta no invernadoiro.

O alumnado do 1º e 2º ciclo de primaria encargouse de preparar o invernadoiro coas indicacións do Señor Antonio, mentras que o alumnado do 3º ciclo de primaria foron os responsables das tarefas da horta.

Despois de moito traballo o resultado foi espectacular. Esperemos que axiña poidamos recoller todo o plantado. 

Moitas grazas Señor Antonio pola túa axuda!

No hay comentarios:

Publicar un comentario