O pasado xoves, durante o tempo de recreo, a biblioteca do centro converteuse nun espazo creativo e cheo de ilusión grazas ao taller de elaboración de marcapáxinas de Nadal.
Ao longo do taller, os nenos e nenas puideron realizar e decorar os seus propios marcapáxinas dunha árbores de Nadal empregando diferentes materiais: papeis de cores, rotuladores, adhesivos e motivos típicos destas datas tan especiais. Cada creación foi única, reflectindo a creatividade e a personalidade de quen a elaborou.
Esta iniciativa, permitiu compartir un tempo lúdico e tranquilo no recreo, promovendo o uso da biblioteca como un lugar de encontro, aprendizaxe e diversión. Os marcapáxinas realizados poderán acompañar as lecturas de Nadal ou converterse nun bonito agasallo feito a man.
Desde a biblioteca queremos agradecer a participación do alumnado e animarvos a seguir formando parte das actividades que se irán desenvolvendo ao longo do curso. Agardámosvos na biblio!






No hay comentarios:
Publicar un comentario