lunes, 20 de abril de 2026

AUDITORIO

 

Animalia é unha viaxe fantástica onde a música se atopa co mundo animal! O alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria participou nesta saída tan especial en Santiago, onde tivemos a oportunidade de asistir a este espectáculo e descubrir que historias nos contan os compositores e tamén os seus gatos… Coas súas 7 vidas e moitas trasnadas, estes felinos especiais teñen historias sorprendentes para compartir!

Ademais, aproveitamos a visita para pasear polo lago que está ao carón do auditorio, onde puidemos ver os patos, e tamén merendamos ao aire libre, gozando dunha xornada moi completa.

Entre saltos e miados, exploramos como as notas da orquestra se mesturan coas aventuras felinas e descubrimos como cada melodía agocha segredos. Foi unha experiencia que nos achegou ao mundo da orquestra e á creatividade dos grandes compositores, espertando a imaxinación e o gusto pola música dun xeito divertido e accesible para os máis pequenos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario