martes, 8 de noviembre de 2022

SAMAGOSTO NO PEPE DE XAN

 O pasado venres 28 de outubro celebramos no noso cole o Samaín e Magosto. Comezamos a mañá coa entrega de premios dos concursos de debuxos (infantil e 1º de Ed. Primaria) e relatos terroríficos (2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria), e tamén de manualidades. 

Os premiados foron:

DEBUXOS: 

4º/5º Ed. Infantil: DIEGO

6º Ed. Infantil: NEREA

1º Ed. Primaria: ENZO

RELATOS:

2º Ed. Primaria: MARTINA

3º/4º Ed. Primaria: LUNA

5º/6º Ed. Primaria: SHARAY

MANUALIDADES:

- ADRIÁN

- NAYRA

- ENZO E HUGO

- SAMUEL

- ANTÍA

Noraboa a todos os participantes!

Acto seguido, comemos castañas e tomamos chocolate. Tamén interpretamos unhas cancións e realizamos unha masterclass do xogo da chave.


sábado, 8 de octubre de 2022

OUTUBRO: Un outono cheo de cores

 


Chegou o outono: as follas mudan de cor, os nosos alumnos e alumnas recollen castañas no patio do cole e tamén chegou o novo auxiliar de conversa, Aaron, de E.E.U.U.

Nestas imáxenes que queremos compartir con vos, tedes unha mostra:



Alumnado buscando castañas









No blog de inglés veredes máis fotos con Aaron e traballos feitos en Plástica.

Unha celebración que teremos en conta nas aulas e por suposto na biblio é esta




















martes, 27 de septiembre de 2022

FALANDO MOITAS LINGUAS

 


Empezamos o curso tomando conciencia da importancia das linguas, coñecendo o mapa de Europa e a diversidade cultural que temos.

Dende o ano 2001 celébrase por iniciativa do Consello de Europa de Estrasburgo cada 26 de setembro O Día Europeo das Linguas.

Como C.E.I.P. „Plurilingüe“ non só queremos que o alumnado aprenda linguas, senon que tamén valoren todo o que aportan.




sábado, 18 de junio de 2022

Arte creativo

Ao longo do curso, desde a área de plástica fixéronse contribucións creativas á biblioteca, contando cun expositor propio para as súas publicacións.

Esta é unha pequena mostra dos traballos realizados:

















Cambios na biblioteca.

Ao longo do curso introducimos cambios nos espazos da nosa biblioteca, como:  na zona de hemeroteca, zona de consulta, zona de lectura infantil ou Recanto Maker.

A biblioteca foi sempre un espazo dinámico e adaptable ás distintas  actividades, iniciativas, propostas e exposicións levadas a cabo.

Aquí podemos ver o antes e o despois.








Homenaxe a Pepe de Xan Baña

Con motivo da celebración do 150 aniversario do poeta Pepe de Xan Baña, o concello de Santa Comba convocou un concurso de debuxos, do que informamos no noso blogue o mes de maio. A continuación recóllese unha pequena reportaxe fotográfica, coa entrega de premios e a actuación de Paco  Pakolas, coa súa obra  Ramona Órbita - A dona  do tempo.