Ola a tod@s!
Hoxe foi unha mañá moi especial porque os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de EP fixeron unha andaina polo arredores do colexio, camiñando por diversos lugares e vendo a intervención que as persoas temos sobre o medio natural.
Analizamos que tipo de árbores temos nos nosos montes, identificando aqueles que son autóctonos dos que non o son.
Tamén vimos como algunhas persoas tiran lixo ao monte o que fai que se contamine a terra e as augas dos ríos. Alén disto tamén vimos outras elementos que podemos atopar cando paseamos nesta época polo monte.
Foi un paseo moi agradable e no cal aprendemos moito. Dámoslle as grazas a Natalia e aos seus compañeir@s da UDC pr organizar esta actividade para nos.
Este blog xurde do desexo, por parte do equipo de biblioteca do CEIP PLURILINGÜE PEPE DE XAN BAÑA, de dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no centro en torno á biblioteca escolar e en colaboración co resto dos equipos. É un lugar de encontro entre toda a comunidade educativa, no que agardamos as vosas opinións e propostas para a mellora das dinámicas do centro. Benvid@s e agardamos que o disfrutedes!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario