viernes, 20 de febrero de 2026

ENTROIDO

 

A pasada semana o noso centro encheuse de cor, música e moita diversión coa celebración do Entroido! 🎭🎉

Durante toda a semana seguimos con entusiasmo as consignas do Meco, que cada día nos sorprendía cun novo obxecto que tiñamos que traer. Foi moi divertido ver como pouco a pouco iamos completando os nosos complementos e preparando o ambiente para a gran festa final.

O venres celebramos unha xornada moi especial xunto ás familias, que nos acompañaron nun día cheo de alegría e convivencia. Desfilamos con orgullo, bailamos sen parar e lucimos os nosos disfraces, todos eles relacionados co noso proxecto da alimentación.

O alumnado de Infantil disfrazados de polbo; 1º e 2º converteron o centro nunha auténtica festa de pementos de Padrón; 3º e 4º sorprenderon coas súas creativas sardiñas; e 5º e 6º pecharon o desfile cheos de enerxía cos seus disfraces de polos.

Foi unha celebración chea de ilusión, creatividade e traballo en equipo, na que se notou a implicación de toda a comunidade educativa. Grazas ás familias pola súa participación e por compartir connosco un día tan especial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario