jueves, 26 de noviembre de 2026

25N: Construíndo un futuro libre de violencia

 Con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o alumnado de segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria participou hoxe nunha actividade organizada polo Concello de Santa Comba, con cargo ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

A proposta consistiu nunha dinámica participativa na que o alumnado tivo que ir resolvendo diferentes pistas para conseguir abrir un maletín moi especial: un maletín que chegaba do futuro e que gardaba unha mensaxe esperanzadora, anunciando que a violencia rematara e revelando quen fixera posible ese cambio.

A través do xogo, da reflexión e do traballo en equipo, os nenos e nenas convertéronse en protagonistas da construción dese futuro, comprendendo que unha sociedade libre de violencia é unha responsabilidade compartida e que todas e todos podemos contribuír a facela realidade.

Porque o futuro sen violencia constrúese desde hoxe, coa educación, o respecto e a igualdade. 💜













No hay comentarios:

Publicar un comentario