martes, 27 de octubre de 2020

Que é unha biblio para nos?

 


P
reguntamos ao alumnado que é unha biblioteca para eles/elas e podedes visualizar todas as respostas que saíron, no seguinte vídeo. 




Comezamos! Benvidos a biblioteca do Mago Fuco neste curso 2020/2021

lunes, 26 de octubre de 2020

Contacontos para infantil

 O venres pasado, tuvemos un contacontos na biblioteca para o alumnado de infantil. Antón e Tomasa, un cociñeiro e unha pasteleira que cociñaron un montón de aventuras. 

Para poñer o punto e final cociñáronnos unha brocheta súper saborosa! 







INAUGURAMOS A APERTURA DA BIBLIO PARA ESTE CURSO 2020/2021

Onte foi o Día das bibliotecas, e para conmemorar dito día comezamos do mellor xeito, inaugurando o curso 2020/2021 coa apertura da nosa biblioteca. 
Faremos a apertura cunha serie de medidas hixiénicas excepcionais, seguindo o Protocolo Covid, debido á situación actual na que nos atopamos. 
Podedes ver as medidas que se levarán a cabo na seguinte imaxe. 



 



 

lunes, 19 de octubre de 2020

Samagosto!

Estase achegando o Samaín e como xa estamos en outono, próximamente celebraremos o Samagosto, unha combinación das dúas celebracións.


Para iso realizaremos un concurso de relatos "A morte sen medo".


Tamén realizaremos un concurso de cabazas. Podedes enviar a foto da vosa cabaza ao seguinte correo: 

pepedexanbiblio@gmail.com


E para os de infantil, convocamos un concurso de debuxos de Samaín.



Os Bolechas

 A semana pasada os Bolechas viñeron ao centro a explicarnos o que é o 112 e como se debe empregar.

Braulio e Martín, visitaron a aula de 1º e 2º de Educación Primaria. Aprendemos moito e ata fixemos un rap!


Obradoiro Maker



Hoxe tuvemos a Paola Guimeráns no centro para a realización dos obradoiros de e-textiles. Realizáronse distintos obradoiros co alumnado de 3°, 4°, 5° e 6° de Educación Primaria, entre eles: circuítos e papel, circuítos e-textiles; e makey makey. Todos eles mesturando electricidade, papel ou tea. 

Pasámolo xenial!! 




viernes, 11 de septiembre de 2020

BENVID@S A UN NOVO CURSO!

Comezamos un curso un pouco diferente debido a situación na que nos atopamos, por iso ata o mes de outubro non abriremos a nosa biblioteca. Estamos traballando para facelo cumprindo as normas de seguridade e agardámosvos con moitas novidades.
Un agarimoso saúdo!