miércoles, 30 de enero de 2019

DIA DA PAZ

Para celebrar o 30 de Xaneiro como día da Paz, este ano decidimos gravar un lipdub onde tod@s fomos pasando de man en man a Paz.
Foi unha fermosa xornada de convivencia, onde comprendemos a relevancia de actuar todos en conxunto e a relevancia do traballo compartido.
Aquí vos queda o noso fermoso vídeo!


viernes, 21 de diciembre de 2018

Festival de Nadal

OU OU OU!!!!

Chegou o Nadal e este ano dende o noso cole decidimos celebrar o festival de Nadal cantando e bailando dun xeito moi especial. Como as cancións máis típicas deste tempo son as panxoliñas, este ano fixemos un festival de panxoliñas plurilingüe para coñecer aquelas máis típicas de outros países.
Así que deleitamos ao noso público con panxoliñas en galego, en italiano e en alemán vendo persoaxes típicas como o apalpador, os reis magos ou o apalpador! Cada curso deleitounos cunha preciosa panxoliña e cun baile moi particular:







Este ano os alumnos de 6º de EP foron os nosos mestr@s de cerimonias, polo que lles damos as grazas por coordinar e dirixir para que todo saíse perfecto.




Podedes ver aquí o vídeo completo do mesmo:


Para rematar tivemos a visita do mesmo Papa Noel, que viaxou dende Laponia directamente a Traba para ledicia dos máis pequen@s.


E sen máis damos fin ao 2018, un ano que lle trouxo cousas moi boas ao noso cole a espera de que o novo ano nos volva a traer outras tantas.
Todos os membr@s da Comunidade Educativa do CEIP P. Pepe de Xan Baña desexámosvos un Bo Nadal e un próspero Ano 2019!

jueves, 20 de diciembre de 2018

O noso menú de Nadal

Ola a tod@s!

Nestes días estamos a prepararnos para o Nadal, porque xa o temos AQUI!!!!!. Estes son días de felicidade e de estar en compañía dos seres máis queridos. No cole estamos a preparar o festival onde todos os cursos participaremos.

Hoxe foi o último día do ano que comemos no comedor do cole, e os nosos cociñeiros prepararon un delicioso menú!!!!!




Que vos parece a nosa árbore de Nadal?? Pois dicir que estaba BOISIMA!!!!



Dende aqui queremos dar as máis expresivas grazas a Fernando e a Carmen por preparar esta rica comida e polo ben que nos atenden todos os días do ano.

viernes, 30 de noviembre de 2018

DIA DA CIENCIA EN GALEGO

Dende hai uns cantos anos o 30 de novembro adícase a conmemorar esta data como o "Día da Ciencia en Galego". No noso cole estamos moi concienciados da relevancia que ten a ciencia e todo o ámbito científico e todas as posibilidades que nos ofrece para desenvolver un mundo mellor.

Para iso, para esta xornada decidimos organizar para todo o alumnado unha Feira STEAM, onde cada curso presentaría nun stand propio un experiemento relacionados coas áreas STEAM para dar a coñecer actividades científicas a outros compañeiras/os do cole. Alén disto a Feira sería inaugurada pola científica Teresa Fernández, investigadora e profesora da Universidade de Santiago que coordina na actualidade dous proxectos STEAM a nivel nacional.


Os talleres que se puideron visitar na Feira foron os seguintes:

SPIN- ART: O alumnado de infantil preparou un experimento donde a través do uso dun spiner e da forza centrípeta e centrífuga podemos preparar un mural cuns debuxos preciosos.




NATUREZA, ARTE E MATEMÁTICAS: Os nenos e nenas de primeiro e segundo falaron do  land-art, que é unha corrente da arte contemporáneo na que a paisaxe é a obra de arte están estreitamente enlazados. Utiliza elementos da natureza como material para intervir en sí mesma. A súa proposta parte da análise xeométrica e matemática dun tipo concreto de land-art, os mandalas. Analizamos conceptos como punto, liña, radio, as distintas figuras planas que se empregan para a súa composición, ou a simetría.  Para elo realizaremos con elementos do noso medio un mandala e explicaremos o elementos que o configura.


 
¿MAXIA OU MATEMÁTICAS?:  As nenas e nenos de 3º de EP gústalles moito a maxia e as matemáticas. Así que se converteron en matemagos, de xeito que realizando pequenos trucos de maxia nos que sempre se deben empregar as matemáticas para poder resolvelos. As mates están presentes en moitas cousas da nosa vida diaria, como tamén nos dados e nas barallas de cartas.



KILEAUA EN ERUPCIÓN: O alumnado de 4º de EP estivo estudando recentemente o que son os volcáns e como se produce a erupción dos mesmos, polo que decidiron explicar como se produce facendo unha simulación do último volcán do continente que así o fixo.





¿QUEN É ROBOBO?: Hoxe en día unha das aplicacións máis importantes da ciencia e na enxeñaría, polo que o alumnado de quinto de primaria organizou un taller con Robobo, un simpático robot que pode facer moitas cousas utilizando a súa lingua materna : o programa Scratchx.  A través deste programa dámoslle pequenas comandas o robot controlando determinadas variables dos seus movementos: o tempo, a distancia, os xiros, cando falar, etc...



¿COMO PODEMOS INFLAR UN GLOBO?: Todos coñecemos a forma clásica de inflar un globo, pero o alumnado de sexto de primaria decidiu mostrar no seu stand como coa realización dunha reacción química simple se pode facer reaccionar dous elementos de xeito que o reactivo que nace desa mistura sexa capaz de inflar un globo.



domingo, 18 de noviembre de 2018

O MAGOSTO

Xa temos aquí o outono! Con él chega a caída da folla e o frío, un tempo no que mudamos a roupa e non imos preparando de cara o duro inverno.

Coma todos os anos nestas datas organizamos o tradicional magosto para comer castañas asadas e chocolate xunto coas nosas familias. Este ano as castañas foron asadas polos nosos cociñeiros Fernando e Carmen, que estaban boísimas.




Todos xuntos comemos, cantamos e bailamos! Tamén se non uniron a cantar e bailar dúas avoas, que nos ensinaron moitas cousas.




Pasámolo moi ben!

martes, 13 de noviembre de 2018

Coñecemos o que hai ao carón do noso cole!

Ola a tod@s!

Hoxe foi unha mañá moi especial porque os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de EP fixeron unha andaina polo arredores do colexio, camiñando por diversos lugares e vendo a intervención que as persoas temos sobre o medio natural.

Analizamos que tipo de árbores temos nos nosos montes, identificando aqueles que son autóctonos dos que non o son.


Tamén vimos como algunhas persoas tiran lixo ao monte o que fai que se contamine a terra e as augas dos ríos. Alén disto tamén vimos outras elementos que podemos atopar cando paseamos nesta época polo monte.

Foi un paseo moi agradable e no cal aprendemos moito. Dámoslle as grazas a Natalia e aos seus compañeir@s da UDC pr organizar esta actividade para nos.

martes, 30 de octubre de 2018

Contacontos para os pequenos do cole

Ola a tod@s!

Hoxe os nosos pequenos de 4 e 5 anos pasaron unha agradable mañá participando nun contacontos. O conto co que desfrutaron foi "Te quiero casi siempre", o cal escoitaron coas orellas moi abertas e moi caladiños para non perder nin un só instante.




Despois de ler o conto , fixeron un pequeno obradoiro onde cada un construiu e decorou a súa propia máscara. Aqui os tedes traballando duramente para obter o seu produto final.







Pasárono xenial!!!!