domingo, 24 de abril de 2022

Día Internacional do Libro

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro,  decidimos celebrar a quincena do libro con tres actividades moi especiais. Esta quincena do libro iniciouse o martes 19 de abril e estará vixente ata o martes 3 de maio.

As actividades ás que estamos a dar forma son as seguintes: 
  • Publicación dun poemario, recollendo todas as achegas poéticas do alumnado de Primaria.
  • Publicación dun libro de contos, que gardan relación co tema central deste ano: "Emigrando con Fuco", onde poderemos descubrir que cada historia garda unha viaxe.
Ambos os libros estarán dispoñibles en préstamo na nosa biblioteca, dando a posibilidade de coñecer as composicións escritas doutros compañeiros/-as.
  • Doutra banda, tamén estamos a montar un mural que leva por título: "Viaxe ao mundo en 80 libros",  conformado por varias maletas coa selección de libros que o alumnado levaría para gozar dunhas boas lecturas vacacionais.
Proximamente presentaremos as imaxes das actividades citadas.

"Ponlle as pilas ao teu bocata"

Este mércores (20 de abril do 2022), puidemos gozar do programa "Ponlle as pilas ao teu bocata" da Consellería de Medio Rural e do Mar, coa colaboración da Consellería de Educación. Programa enmarcado dentro do Plan  Proxecta para o fomento dunha alimentación saudable entre a poboación máis nova.


Está iniciativa busca introducir hábitos de vida saudable na escola de forma transversal  e dun modo ameno e didáctico.


Todo o alumnado de Infantil e Primaria recibiu un receitario para a elaboración de bocadillos a base de conservas.


Todos os nenos e nenas tiveron un achegamento ás virtudes das conservas de produtos do mar e puideron ampliar os seus coñecementos acerca das conservas e de todas as posibilidades que ofrecen.






















martes, 19 de abril de 2022

Biblioteca creativa - Formación en Scratch e Makey Makey.

A finais do segundo trimestre, contamos coa compañía de Paola  Guimerans, que nos formou na contorna de programación  Scratch e na placa electrónica  Makey -  Makey.

O alumnado de terceiro, cuarto e quinto gozou das dinámicas da relatora, que os achegou ao mundo do pensamento  computacional, facéndolles ver como a tecnoloxía non é tan complexa e pode ser utilizada de forma creativa,  chegando a  convirtir uns  osiños de  gominola nun piano.










jueves, 31 de marzo de 2022

Podcast - O universo

O alumnado de Educación Infantil quíxonos mostrar todo o que saben sobre o Universo, dando a coñecer o seu proxecto a través da radio escolar. Neste programa especial fálannos dos planetas que forman o Sistema Solar, das estrelas e as constelacións, das fases da Lúa...

Está atento e non te perdas detalle!

Se desexas escoitar o podcast só debes de facer  clic sobre a imaxe.




Se o alumnado de infantil espertouche a curiosidade por saber máis sobre os segredos do Universo, estes son algúns dos libros que leron na clase.








Traballando a poesía

O alumnado de 5º de Educación Primaria celebrou o Día Mundial da Poesía, 21 de marzo, compoñendo estrofas dedicadas ao Carballo do banquete de Conxo.


Coa conmemoración do Día Mundial da Poesía preténdese impulsar a diversidade lingüística a partir da expresión  poética, promover o ensino e a aprendizaxe da poesía, así como fomentar a tradición oral dos recitais poéticos...


Por outra banda, tentouse darlle visibilidade a esta árbore centenaria do bosque do banquete de Conxo, con máis de 250 anos de vida.


Esperamos que vos gusten estas rimas.












miércoles, 30 de marzo de 2022

Campaña - Ti si que es un bo peixe.

O martes 22 de marzo puidemos gozar do programa creado pola Consellería do Mar: "Ti si que es un  bo  peixe".

Este programa ten como obxectivo facilitar o coñecemento do consumo de produtos frescos do mar entre a poboación infantil e xuvenil.

Todo o alumnado recibiu como detalle un receitario e un póster, que tamén se pode descargar desde a súa páxina web.

-  https:// tisiqueesunbopeixe. xunta. gal/ index.html

Aquí deixámosvos unha mostra fotográfica da presentación do programa: "Ti si que es un un  bo  peixe", realizado na biblioteca escolar.











lunes, 21 de marzo de 2022

Infantil na Radio Fuco

O alumnado de Educación Infantil disfrutou da radio, realizando un programa especial sobre Rosalía de Castro. 

Para acceder ao podcast fai clic na imaxe.