viernes, 28 de septiembre de 2018

A NOVA BIBLIOTECA

Como xa vos anunciamos en anteriores entradas, este curso que comeza vais ser moi especial porque imos a desfrutar dunha nova biblioteca. Unha vez rematada a obra son moitos os detalles que hai que levar a acabo para tela lista, dende recolocar o material ata reubicar os libros e a creación de novos ambientes. 
Dicir que tanto o alumnado coma o profesorado estamos a traballar para rematar o proceso canto antes, pero que aínda nos levará un pouquiño.

Para ir abrindo boca de como será a nova biblioteca, a profe Alicia creou un vídeo que serve de recreación de como será e que serviu tamén para presentar o proxecto!

Desfrutadeo!!!


miércoles, 12 de septiembre de 2018

BENVIDOS AO CURSO 2018-2019

Benvidos ao Cole!
Comenzamos o novo curso, e coma todos os anos sempre no noso cole, dunha maneira lúdica, festiva e emotiva tod@s xunt@s!

Este ani temos dous proxectos entre mans que realzaremos o longo do curso: a mellora do espazo no que convivimos na nosa escola e tamén a NOSA SÚPER BIBLIOTECA NOVAAAAA!!!
Despois dun verán de reformas xa a case a temos rematada, pero como ainda faltan arranxos aínda non vos podemos adiantar nada máis!  Xa vos manteremos informados!

Tendo isto en conta, o primeiro dia de benvida ao cole adicámolo coma todos os anos a realizar os obradoiros en grupos interniveis:

Primeiro Obradoiro: A orientación, para experimentar e coñecer cada lugar do noso patio:




Segundo Obradoiro: Intervención artística mediante a decoración de certos lugares e elementos do noso patio.



Terceiro Obradoiro: Deseño dun Mago Fuco xigante, coa finalidade de expoñelo na porta da entrada da nosa biblioteca.


Cuarto Obradoiro: Xogos populares, desenvolvido no pavillón onde coma sempre se fortalece a convivencia a través dos xogos de antaño.

Pasamos unha mañá estupenda e moi animada, conversando e recordando vellos momentos a vez que pensado en todo o que imos a facer todo este maravilloso ano.

COMEZAMOS, HERE WE GO!!!!!!!!


viernes, 18 de mayo de 2018

17 de Maio: Día das Letras Galegas, día da nosa Lingua!


O pasado venres 18 de maio reunímonos todos os membros do colexio para celebrar o día das Letras Galegas que este ano se adicou a María Victoria Moreno.


Ao longo de todo o trimestre nas distintas titorías fóronse traballando cuestións en relación a esta celebración e a poeta a que se lle adicou. Como este ano inauguramos a Radio Fuco creouse un programa especial onde todos os alumnos/as foron vertendo todas as súas achegas.



Todos reunidos na Sala Castelao escoitamos os distintos programas e conversamos da relevancia de facer este tipo de celebracións.

Aquí os tedes para que poidades disfrutar tanto deles coma nós.



Feliz día das Letras Galegas!

jueves, 17 de mayo de 2018

XXI Certame " Francisco Añón" de Poesía

Dende hai 21 anos o Concello de Outes organiza o Certame "Francisco Añón de Poesía" onde participantes a partir dos 6 anos ata a adultos poden participar enviado aquelas poesías de autoría persoal que se desexen. Dende o noso colexio, coma todos os anos, as distintas titorías participaron enviando os alumnos/as poemas creados por eles mesmos. Como son moitos os participantes de todo Galicia é moi dificil ser o gañador dalgún deste galardón, pero para nosa sorpresa o noso alumno de 1º de EP, Daniel García Barbeira foi un dos gañadores!!!!!

O pasado día 17 de maio (Día das Letras Galegas) celebrouse un fermoso acto pola tarde onde os premiados recibiron os seus agasallos e leron as súas creacións para todos os asistentes.
Deixamos aquí o poema de Dani que se titula "O meu avó Pepe" para que desfrutedes del.



Moitos parabéns Dani!

miércoles, 16 de mayo de 2018

Visita de Paco López Barxas

O pasado mércores 16 de maio recibimos no cole a visita de Paco López Barxas que nos veu a falar das súas obras, en concreto de dúas centradas na cidade de Santiago de Compostela.



A través das súas obras Nemo e Sabela polos parques de Compostela e de Sar, Sarela e os monstros de Compostela; Paco fíxonos un divertido percorrido pola historia da cidade de Santiago facendo referencia a emblemáticos lugares e persoaxes así como a grandes obras que se poden ver na cidade.




Despois desta animosa charla e dun turno aberto de preguntas que resultou moi interesante, os alumnos de 4º e 5º prepararon unha entrevista para a Radio Fuco onde profundizaron un pouco na vida de Paco para coñecelo un pouco máis.




Dende aquí queremos dar as grazas a Paco por vir e convidámolo a facernos unha nova vista cando el queira!

lunes, 7 de mayo de 2018

"POESÍA E VIOLÍNS" novo programa de Radio Fuco

Achéganse as Letras Galegas e con elas poñemos en marcha un programa de radio adicado ás mesmas, as nosas autoras e autores de poesía.

"POESÍA E VIOLÍNS" é un programa no que iremos recitando distintos poemas acompañándoos de músicas que nos suxiran un estado emocional próximo ao do poema recitado.

Deixámosvos o primeiro programa adicado neste caso a Antonio García Teijeiro e agardamos que vos guste.