O pasado martes, en conmemoración de Novembro como o mes da ciencia, todo o alumnado da escola se xuntou na biblioteca para ver todos xuntos os vídeos resultantes dos experimentos propostos en cada un dos cursos. O resultado non puido ser mellor: todos emocionados e fascinados pola variedade de experimentos levados a cabo.
Ademais, este día coa posta en común dos vídeos gravados, foi adicado á científica asturiana Margarita Salas.
No seguinte enlace, poderedes acceder ós vídeos que están colgados na páxina web do cole:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippepedexan/?q=node/118#attachments
Este blog xurde do desexo, por parte do equipo de biblioteca do CEIP PLURILINGÜE PEPE DE XAN BAÑA, de dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no centro en torno á biblioteca escolar e en colaboración co resto dos equipos. É un lugar de encontro entre toda a comunidade educativa, no que agardamos as vosas opinións e propostas para a mellora das dinámicas do centro. Benvid@s e agardamos que o disfrutedes!
jueves, 28 de noviembre de 2019
Os Bolechas van a Santa Comba!
No día de hoxe, o alumnado de Infantil da nosa escola tivo a sorte de recibir en primicia un libro adicado ó noso concello, Santa Comba.
Esta visita foi apadriñada por Cristina Fagín, Concelleira de Cultura, e José Antonio Ucha, Tenente-Alcalde. Ademáis de facer unha breve lectura do novo conto, e con motivo da celebración do 25N, fixeron entrega dunhas pulseras da campaña "En negro contra a violencia de xénero".
Esta visita foi apadriñada por Cristina Fagín, Concelleira de Cultura, e José Antonio Ucha, Tenente-Alcalde. Ademáis de facer unha breve lectura do novo conto, e con motivo da celebración do 25N, fixeron entrega dunhas pulseras da campaña "En negro contra a violencia de xénero".
lunes, 18 de noviembre de 2019
Novembro: Mes da Ciencia en Galego.
Con motivo de que o mes de novembro é o Mes da Ciencia, o pasado luns na biblioteca propúxoselle a todo o alumnado do centro o reto de levar a cabo unha serie de experimentos, un dende cada titoría.
Estes experimentos serán gravados en vídeo e compartirémolo cos compañeiros e compañeiras do CRA Novo Mencer.
Ademais, na entrada da bibioteca, pódense atopar unha variada colección de exemplares de temática científica para consultar durante os recreos. Lembrade que non se poden emprestar!
Estes experimentos serán gravados en vídeo e compartirémolo cos compañeiros e compañeiras do CRA Novo Mencer.
jueves, 24 de octubre de 2019
Canta miña pedra canta
No día de hoxe, o alumnado de 1º, 2º, 3º, 5º e 6º de Educación Primaria visitaron o Auditorio do Edificio Multiusos de Santa Comba para a representación de Canta miña pedra canta. Homenaxe a Antonio Fraguas da man de Xoán Curiel e Charo Pita.
Nesta ocasión, o alumnado desfrutou, con motivo do Día da Biblioteca, da música e literatura exposta dunha maneira lúdica e próxima para o seu completo entendemento. Ademais, foron obsequiados co libro O fillo do rei e outros contos populares de Maruxa Barrio e Henrique Harguindey.
martes, 15 de octubre de 2019
Breve Historia Divertida do Feminismo Galego
O pasado día 11 de outubro, o alumnado de 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria visitaron a Biblioteca Municipal de Santa Comba. Alí foron desfrutaron dun repaso sobre a historia do Feminismo Galego da man de Antía Yañez.
Dun xeito ameno e entretido, Antía transmitíu valores básicos como a igualdade que persegue este movemento, ó mesmo tempo que aclarou certos prexuízos que se poden ter sobre a palabra feminismo.
sábado, 14 de septiembre de 2019
Benvid@s oa curso escolar 2019/2020
Comeza un novo curso: o 2019/2020
Esperamos ter un ano cheo de ilusión, alegría e moitísimo aprendizaxe.
A entrada ao cole foi do máis relaxada (co obradoiro de relaxación) e animada. Houbo actividades deportivas e unha gran sorpresa que gustou moito: os cativos deixaron voar os papaventos que foron adquiridos para a ocasión.
Fixeron tamén de detectives da natureza explorando o marabilloso patio que temos. Seguiremos explorando, hai moito que descubrir!
jueves, 12 de septiembre de 2019
Para celebrar a benvida ao novo curso levamos a cabo unha serie de
talleres nos que tanto maiores coma pequenos o pasamos en grande. Entre
os diferentes talleres fixemos: taller de natureza, no que
investigamos e clasificamos algunhas das diferentes especies de árbores e
de plantas que hai no colexio. respecto a este taller dicir que non
rematou aquí, posto que este curso o patio e a contora do cole será o
eixe vertebrador dos nosos proxectos. Levamos tamén a cabo un taller de cometas, e a pesar de estar un día tranquilo e con pouco vento fomos capaces de voalas. Outras das actividades que levamos a cabo foi o taller de xogos deportivos, no que demostramos que seguimos en plena forma. Por último, fixemos un taller de relaxación, o cal veu moi ben despois de tanta e variada actividade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















