viernes, 17 de febrero de 2023

MANDADIÑOS DO MECO

O luns houbo que vir en pixama. O martes de Cowboy / Cowgirl, o mércores cun complemento, o xoves libre e o venres das diferentes culturas. 


























Proxecto de centro: CULTURAS DO MUNDO

No curso 2022 - 2023 o noso proxecto de centro xira entorno as culturas do mundo. Para iso levamos a cabo diversas actividades nos tres trimestres e aproveitamos o Entroido para dar a coñecer este traballo. 





En Infantil as culturas elixidas son EXIPTO e A INDIA.

En primeiro e segundo de Primaria GRECIA.

En terceiro e cuarto CHINA. 

En quinto e sexto MÉ XICO.

En inglés con axuda do noso auxiliar de conversa americano, Aaron,  E.E.U.U.




jueves, 16 de febrero de 2023

DISFRUTANDO E APRENDENDO A TOPE CO DEPORTE

Este curso os cativos do Pepe de Xan teñen a oportunidade de disfrutar e participar en moitas actividades realizadas en torno ao programa de XOGADE: encontros con outros centros, competicións e xogos. 
As fotos  mostran o ben que o pasan: 






martes, 31 de enero de 2023

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ






O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz no Pepe de Xan Baña con sol e frío no patio, 
cantando xuntos unha canción. Aquí vos vai unha mostra: 








miércoles, 25 de enero de 2023

VOANDO CARA A PAZ



De preparativos para o día 30 de xaneiro. 
Si queredes saber o que celebramos podedes visualizar este vídeo: 




En Plástica cada mes facemos un póster temático. Neste colaboraron as clases de Quinto e Sexto:




jueves, 22 de diciembre de 2022

O FESTIVAL

Despois de moito tempo de preparativos e ensaios,
 chegou o ansiado día! 
Con algo nervios, moitas risas e unha actuación estupenda por parte de tod@s as participantes, tivo lugar o noso FESTIVAL DE NADAL.

Houbo cancións, unha obra de teatro con moito humor na que aprendimos sobre a Historia de Traba e como remate final, visita do Papa Noel. 

Bo Nadal e moi felices Festas! 














DECEMBRO NA BIBLIO