martes, 19 de septiembre de 2017

Gran Inauguración da Biblio!!

Hoxe para comezar o novo curso  fixemos unha celebración especial para inaugurar a biblioteca nesta nova etapa.


Para elo realizamos dúas actividades onde estivo participando todo o alumnado do cole, dende os máis pequenos de infatil ata os maiores de sexto. Estas foron as actividades:

1) Sesión de Contacontos: As alumnas de sexto realizaron unha sesión de contacontos, facendo os ensaios previos necesarios, para contarlle ao público un conto moi divertido que gustou moito.




2) Obradoiro de Marcapáxinas: Todos os participantes na actividade levaron un pequeno agasallo para as súas casas. Así organizouse un obradoiro onde o alumnado realizou o seu marcapáxinas persoalizado para poder poñer nos libros que se collan na biblio para ler.






Con isto quedou inaugurado o uso da Biblio para este curso a espera de que o Mago Fuco nos envíe novas encomendas a realizar.

Saúdos a todos/as!!!




martes, 12 de septiembre de 2017

Obradoiros internivel "As historias da historia" para comezar o curso adecuadamente!

Como todos os anos, comezamos o curso dun xeito agradable e amigable cuns obradoiros internivel relacionados co proxecto. Este ano o proxecto recibe o nome de "As historias da historia" e como o seu propio nome indica, viaxaremos a través do tempo para coñecer aspectos das distintas épocas históricas. 

Polo de pronto comezamos o curso cuns obradoiros relacionados. Por un lado pintamos uns petroglifos no patio cuberto coma na Prehistoria e a Idade Antiga:


Representamos varios cadros moi importantes da historia da arte:


Bailamos danzas renacentistas:


E deseñamos o noso propio escudo ao máis puro estilo da Idade Media!


Fomos entrando en materia e divertímonos a tope no reencontros c@s nos@s compañeir@s despois do verán. Así da gusto comezar!!


martes, 27 de junio de 2017

1ª xornada de formación sobre Impresión 3D

No marco do "Proxecto Escornabots" de Bibliotecas Escolares de Galicia, acabamos de recibir unha impresora 3D!! E chegou o momento de recibir formación. O luns 26 de xuño estivemos en Santiago convocados por Bibliotecas Escolares para recibir a formación precisa.




Mirade! Coa impresora 3D podemos facer todas estas cousas e moitísimas máis!! É impresionante!



Recibimos formación sobre a propia impresora e sobre repositorios con arquivos imprimibles e sobre o CURA, un programa de preparación deses arquivos para impresión! 

viernes, 23 de junio de 2017

Feira Solidaria da Primavera. Así foi

Non sei se estaremos no mellor cole do mundo, pero dende logo somos un grandísimo cole. A Feira Solidaria da Primavera xa pasou e todas as nenas e nenos do noso cole traballaron moi duro para facer a vida dos nenos e nenas do Pobo Saharaui un pouquiño mellor. O día da Feira foi máxico.

Conseguimos recadar 911€!!! 


Moitísimas grazas tamén á nosa comunidade escolar, porque sempre estades aí, e porque apoiáchedes con todas as vosas forzas aos nosos nen@s para facer esto posible. Deixamos o vídeo no que podedes ver o ambientazo da Feira.



Agora a disfrutar das vacacións, que as temos tod@s moi, pero que moi merecidas!! 
💚💚💚

miércoles, 31 de mayo de 2017

Recibimos unha impresora 3D!!

No marco do "Proxecto Escornabots" de Bibliotecas Escolares de Galicia, ACABAMOS DE RECIBIR UNHA IMPRESORA 3D!!!


Como non nos cabía a ansia no corpo tivemos que estreala xa e imprimimos esta divertida rá! É impresionante e hipnotizante vela traballar 💙





A que está xenial!! Seguiremos argallando!