lunes, 7 de mayo de 2018

"POESÍA E VIOLÍNS" novo programa de Radio Fuco

Achéganse as Letras Galegas e con elas poñemos en marcha un programa de radio adicado ás mesmas, as nosas autoras e autores de poesía.

"POESÍA E VIOLÍNS" é un programa no que iremos recitando distintos poemas acompañándoos de músicas que nos suxiran un estado emocional próximo ao do poema recitado.

Deixámosvos o primeiro programa adicado neste caso a Antonio García Teijeiro e agardamos que vos guste.

martes, 24 de abril de 2018

viernes, 20 de abril de 2018

Visita de Paco Noguerias

Ola a tod@s!
Hoxe tivemos unha gran visita no noso cole. O autor Paco Nogueiras trouxónos a escola varias dos seus contos acompañado das súas persoaxes e dos seus instrumentos musicais. 


Grisela, Animais de compañía, A horta de Simón e outros contos foron cantados e interepratados por Paco para desfrute de todos os presentes.



Foi unha gran mañá cargada de risas e emocións cos contos de Paco!



Dende aquí dámoslle as grazas a Paco por vir a vistarnos!!

miércoles, 21 de marzo de 2018

21 de marzo, Día da Poesía

Este ano decidimos celebrar este día tan especial coñecendo a dous poetas e dúas poetisas contemporaneas. Persoas que escriben poesía hoxe en día en galego.

As poetisas homenaxeadas foron María Lado e Rosalía Morlán, e os poetas Xosé Luna e Fran Alonso.

Fixemos unha exposición e un acto no que as nenas e nenos que quixeron leron poesía, compartindo os versos e as palabras co resto de compañeiros e compañeiras do cole. Abriu o acto a nosa poetisa particular, Andrea Porto, a nosa profe de música, que lles contou que a poesía é para todos e todas e que é como se fixésemos música coas palabras. Un acto moi fermoso do que vos deixamos un vídeo. Agardamos que o disfrutedes!



lunes, 19 de marzo de 2018

Lectura e construción de robots

Unha das vantaxes do recanto Maker é que nos posibilita levar á acción o que aprendemos nos libros. Posibilita a función social de determinados textos cos que contamos na biblioteca.

Neste caso, algunhas nenas de 4º e 5º, Olaya, Rebeca, Amanda e Valeria, estiveron a voltas cun libro de instruccións para a construción de robots animados. Foi unha actividade moi satisfactoria para elas na que estiveron lendo, poñendo en marcha procesos de comprensión lectora e levando á práctica o lido.



Víchedes que chulos? Pois están a disposición de tod@ @ que queira argallar con eles no Recanto Maker, na biblioteca  🤖