Izan e Antía de Primeiro de Primaria recítannos a Manuel María. Escoitade!
Este blog xurde do desexo, por parte do equipo de biblioteca do CEIP PLURILINGÜE PEPE DE XAN BAÑA, de dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no centro en torno á biblioteca escolar e en colaboración co resto dos equipos. É un lugar de encontro entre toda a comunidade educativa, no que agardamos as vosas opinións e propostas para a mellora das dinámicas do centro. Benvid@s e agardamos que o disfrutedes!
miércoles, 9 de mayo de 2018
lunes, 7 de mayo de 2018
"POESÍA E VIOLÍNS" novo programa de Radio Fuco
Achéganse as Letras Galegas e con elas poñemos en marcha un programa de radio adicado ás mesmas, as nosas autoras e autores de poesía.
"POESÍA E VIOLÍNS" é un programa no que iremos recitando distintos poemas acompañándoos de músicas que nos suxiran un estado emocional próximo ao do poema recitado.
Deixámosvos o primeiro programa adicado neste caso a Antonio García Teijeiro e agardamos que vos guste.

martes, 24 de abril de 2018
"Corre, corre cabaciña" e "A cabra boba" no programa CÓNTAME UN CONTO de Radio Fuco
As nenas e nenos de 2º emitiron dúas novas entregas do programa "Cóntame un conto". Queredes escoitalas??
Agardamos que vos gusten!
Agardamos que vos gusten!
viernes, 20 de abril de 2018
Visita de Paco Noguerias
Ola a tod@s!
Hoxe tivemos unha gran visita no noso cole. O autor Paco Nogueiras trouxónos a escola varias dos seus contos acompañado das súas persoaxes e dos seus instrumentos musicais.
Grisela, Animais de compañía, A horta de Simón e outros contos foron cantados e interepratados por Paco para desfrute de todos os presentes.
Foi unha gran mañá cargada de risas e emocións cos contos de Paco!
Dende aquí dámoslle as grazas a Paco por vir a vistarnos!!

miércoles, 21 de marzo de 2018
21 de marzo, Día da Poesía
Este ano decidimos celebrar este día tan especial coñecendo a dous poetas e dúas poetisas contemporaneas. Persoas que escriben poesía hoxe en día en galego.
As poetisas homenaxeadas foron María Lado e Rosalía Morlán, e os poetas Xosé Luna e Fran Alonso.
Fixemos unha exposición e un acto no que as nenas e nenos que quixeron leron poesía, compartindo os versos e as palabras co resto de compañeiros e compañeiras do cole. Abriu o acto a nosa poetisa particular, Andrea Porto, a nosa profe de música, que lles contou que a poesía é para todos e todas e que é como se fixésemos música coas palabras. Un acto moi fermoso do que vos deixamos un vídeo. Agardamos que o disfrutedes!
martes, 20 de marzo de 2018
lunes, 19 de marzo de 2018
Lectura e construción de robots
Unha das vantaxes do recanto Maker é que nos posibilita levar á acción o que aprendemos nos libros. Posibilita a función social de determinados textos cos que contamos na biblioteca.
Neste caso, algunhas nenas de 4º e 5º, Olaya, Rebeca, Amanda e Valeria, estiveron a voltas cun libro de instruccións para a construción de robots animados. Foi unha actividade moi satisfactoria para elas na que estiveron lendo, poñendo en marcha procesos de comprensión lectora e levando á práctica o lido.
Víchedes que chulos? Pois están a disposición de tod@ @ que queira argallar con eles no Recanto Maker, na biblioteca 🤖

Suscribirse a:
Entradas (Atom)