domingo, 8 de noviembre de 2015

NOVIDADES. NOVAS ADQUISICIÓNS!!

Neste mes fixéronse moitas novas adquisicións na biblioteca. Algúns aínda están por catalogar, pero de algúns outros xa podedes disfrutar. Estes son algúns dos libros novos que poderedes disfrutar:








ESTADE ATENT@S AO ANDEL DE NOVIDADES!!

COMEZAN AS LECTURAS NA SALA CASTELAO! 6 de novembro...

Como cada ano comezan as lecturas da Sala Castelao, por parte dos nenos e nenas, e fano co conto “Leopoldo e Casilda”. Non esquezades que quen queira (pais, nais, avós, avoas, profes, primos...) pode vir a deleitarnos cun conto!!



SAMAÍN!!

Con motivo do Samaín foron moitas as actividades levadas a cabo no centro. Entre elas, a tradicional exposición de cabazas terroríficas




Uns talleres do máis monstruoso: maquillaxe, cociña, carautas e cabaciñas de la foron os escollidos este ano. 





Demos coma sempre lectura e visionado aos debuxos e relatos gañadores do Certame de debuxos e relatos do samaín

Cantamos todos xuntos unha fantasmagórica canción que preparamos en música todo o cole e que poñía os pelos de punta do ben que o fixemos

E tivemos toda a semana un aterrador recanto de lectura no que disfrutar de distintas lecturas de medo. 



Presentación do proxecto: "25 ANOS DO PEPE DE XAN BAÑA"

Este ano cúmplense 25 anos do centro e queremos celebralo estudando a historia escolar das nosas familias. Para iso, o Mago Fuco citou aos nenos na Sala Castelao e deixoulle unha mensaxe ben clara.




Como o obxectivo final é a elaboración dun documental, o Mago Fuco enviou para cada clase un libro de consulta sobre o proceso audiovisual coa finalidade de ir comezando a pescudar. 



24 de outubro. DÍA DA BIBLIOTECA

O 24  de outubro celébrase o día da biblioteca. Posto que este ano cadraba nun sábado, decidimos trasladalo ao venres 23, e con motivo deste día foron varias as actividades de celebración. 
Por un lado, presentouse o tema das Bibliotecas Escolares de Galicia “BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS”. Rescatamos o escrito no blogue das mesmas:

“O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.”


Con este motivo fixemos unha mesa de exploracións, con distintos agasallos para os nenos e nenas do cole, na que tamén tiveron ocasión de recoller as súas mochilas viaxeiras. 





Como colofón final a este día, o Mago Fuco citounos na sala Castelao para a presentación do proxecto, pero iso xa é tema de outra entrada.

Que día tan emocionante!!

Novo equipo de colaborador@s

Coma todos os anos, algúns nenos e nenas de 5º e 6º bríndannos a súa importantísima axuda e colaboración. O equipo deste ano está formado por 12 persoas, coa súa quenda de recreo correspondente e a súa zona de biblioteca asignada, que deberán mimar con moito esmero. 
Podedes velos aquí en acción, elaborando carteis de animación á lectura e preparando as etiquetas para o rexistro dos fondos. MOITAS GRAZAS COLABORADOR@S!!




CURSO 2015/2016. ABRIMOS A BIBLIOTECA!

Dende o 1 de outubro, a biblioteca funciona xa a pleno rendemento. Lectura de lecer, préstamos, investigacións, curiosidades… A biblioteca está aí para vós, para todo o que queirades. Disfrutádea!