Unha das actividades que se puxeron en marcha coa celebración do Día do libro foros os Apadriñamentos Lectores, onde os cursos maioeres se convertirían en madriñas e padriños dos máis pequen@s para compartir a hora de ler dos luns.
Os padriños e madriñas tomaron conciencia da súa gran labor e estiveronse preparando para o gran día facendo consultas na biblioteca para poder escoller as mellores lecturas para ser ofrecidas os seus afillad@s.
E por chegou o gran día! Aproveitando que o sol saíu neste fermoso día de primavera padriñ@s e afillad@s buscaron un espazo por todo o patio para ler e descubrir a maxia dos libros.
Foi todo un éxito e todo o alumnado está esperando que chegue o vindeiro luns para repetir a experiencia.
Saúdos!!!!
Este blog xurde do desexo, por parte do equipo de biblioteca do CEIP PLURILINGÜE PEPE DE XAN BAÑA, de dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no centro en torno á biblioteca escolar e en colaboración co resto dos equipos. É un lugar de encontro entre toda a comunidade educativa, no que agardamos as vosas opinións e propostas para a mellora das dinámicas do centro. Benvid@s e agardamos que o disfrutedes!
lunes, 29 de abril de 2019
miércoles, 24 de abril de 2019
Os Fuco Booktubers
O dí do libro comezmos tamén esta nova actividade dos Videos Fuco BookTubers. Así despois da lectura dun libro cada alumno/a pode facer un comentario ou
valoración argumentando o que máis lle gustou e porqué
recomendaría a súa lectura.
Cada persoa pode gravarse e editar o seu vídeo atendendo aos seus gustos para así presentalos tal como un Youtuber.
Aqui vos deixamos os primeiros videos dos nosos artistas:
Podedes ver todos os vídeos dos nosos Fuco BookTubers no seguinte enlace: https://www.youtube.com/playlist?list=PLd_ylOoBKBrZMOzBmbICGhK3tsRDrgUBS

martes, 23 de abril de 2019
Día do Libro
Hoxe é un día moi sinalado no calendario por ser o día das verbas, da información, das imaxes, dos soños e de todas as couas fermosas que aparecen nos libros.
A nosa biblio é un espazo onde coa maxia dos libros se desenvolve outras estupendas onde eles son o eixo que nos ensinan a continuar a adquirir novos coñecemento e por tanto novas experiencias.
Para conmemorar tal data presentamos moitas actividades novas que dende hoxe formarán parte do noso día a día e que vos pasamos a contar:
- Apadriñementos lectores: Decidimos crear parellas de padriños e madriñas con afillad@s internivel onde o alumnado máis grande achegue a o máis pequeno a lectura (teredes máis información desta actividade en sucesivas entradas).
- Os videos do FUCO BOOKTUBERS: Despois da lectura dun libro cada alumno/a pode facer un comentario ou valoración do libro argumentando o que máis lle gustou e porqué recomendaría a súa lectura (teredes máis información desta actividade en sucesivas entradas).
- Recitais literarios: Esta é unha inciativa onde todo aquel alumnado que o desexe pode ler un libro en voz alta o público presente da biblio, para facelos pasar un momento moi agardeble escoitando preciosas historias.
Sen máis, agardamos que pasedes un Feliz Día do Libro!

jueves, 21 de marzo de 2019
21 de Marzo: Día da poesía
Chegou o gran día, aquel que levamos preparando durante moito tempo! Hoxe é o Día da Poesía, un día onde as letras e as sensacións se misturan para florecer en perfectas emocións.
Así, como xa vos fomos adiantando no noso cole fixemos unha simbióse entre a poesía, a radio e os vídeos e creamos uns videopoemas!
Aqui tedes un deles:
No seguinte enlace podedes ver todos os videopoemas feitos por todos os grupos do cole: https://www.youtube.com/playlist?list=PLd_ylOoBKBrbjL3GQHZwXRPlDa05uSsY6

viernes, 15 de marzo de 2019
A Videopoesía (Capítulo III): Comezamos as gravacións!
Pois ben, despois de aprender a realizar un videopoema con Celia Parra comezamos as gravacións, experimentando o dificil que é gravar todo ben.
A escolla dos escenarios, das persoaxes, das representacións, os planos, os enfoques,.... son moitas cousas as que hai que controlar pero con moitas probas todo foi indo.
Aqui vos deixamos unhas imaxes de como foi todo este proceso.
En nada xa vos ensinamos o resultado final! Que emoción!!!!!!

martes, 12 de marzo de 2019
A Videopoesía (Capítulo II): Visita de Celia Parra
Seguimos inmersos na creación dos nosos videopoemas. Unha vez sonorizados os poemas escollidas tema o tempo de escenificar os poemas e facer as gravacións.
Para aprender a facer isto, contamos cuna xuda moi expecial. Veu ao noso cole a formarnos a poeta Celia Parra!!! Celia é todo una experta nestes temas e fixenos un taller moi chulo para ensinarnos a como facer videopoesía.
Moitisimas gracias Celia pola túa axuda!

jueves, 7 de marzo de 2019
A videopoesía (Capítulo I)
Proximamente imos a celebrar no colexio o Día da Poesía (21 de marzo) e para iso decidimos facer algo novidoso como é elaborar as nosas propias videopoesías. Os videopoemas son poemas unidos a textos ou creacións dos mesmos e neste caso imos empregar textos de diferentes autoras galegas. Lingua e literatura, son e silencio, música e imaxe, percepción e expresión... xúntanse non videopoemas creando unha viaxe intergaláctica do papel á tecnoloxía, da aula de música á radio escolar e da radio ao plató de gravación.
O primeiro paso para facer isto é escoller un poema, polo que despois dunha profunda revisión os distintos grupos-aula fixeron estas escollas poéticas:
1º-2º E. Primaria: Rosalía de Castro: “Tal como as nubes”, Follas Novas, 1880.
3º E. Primaria: Celia Parra: poema extraído do poemario No berce das mareas, 2009.
4º E. Primaria: Rosalía Fernández Rial: poema extraído do poemario Un mar de sensacións, 2012.
5º-6º E. Primaria: Carlos Negro: “Princesa (contra) Disney” e “Barbie Girl” de Penúltimas tendencias, 2014.
Despois pasou o turno de facer as gravacións dos audios, polo que acudimos a “Radio Fuco” da nosa biblio para facer as sonorizacións. Cada alumno/a encárgase de levar o material que precisa (texto, instrumentos, obxectos sonoros...) e responsabilízase de intervir no momento adecuado, segundo ensaiamos na sesión anterior.
Cada sonorización grávase varias veces, facendo tomas en directo nas que aparecen todos os elementos (recitado, efectos sonoros e acompañamento instrumental) de xeito que ao final escollemos a toma que máis nos gusta, sen que sexa preciso editar o audio.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)